domingo, 19 de octubre de 2008

)-)*A VEndIM@*(-(


A festa da VENDIMA


A vendima é a acción de recoller a uva para colleitala coma alimento ou materia prima para o viño, así coma a época do ano na que se realiza. A época da vendima coincide co final do verán, habitualmente no mes de setembro, pero non é igual en tódalas rexións. Nos vales interiores de Galicia (Ribeira Sacra, Valdeorras) a colleita faise máis cedo (finais de agosto) debido a que o maior calor estival do interior continental permitelle ás uvas madurecer antes.







Cantiga:





Acabáronse as vendimas,

aí veñen as esfolladas

para comer coas nenas

catro castañas asadas.

Acabáronse as vendimas

e veñen as esfolladas

para comer coas mociñas

catro castañas asadas.

Os amores que ti tes

sonche os que eu olvidei:

¡andas apañando os bagos

da viña que eu vendimiei!


Algúns refráns:

- Agosto a madura e setembro vendima a uva.

- Coida a viña e terás vendima.

- Polo San Mateu cada un vendima o seu.

- Quen co demo cava a viña, co demo a vendima.

- Vendima no regazo aquel que poda no marzo.




En distintos pobos galegos,como Leiro, fanse festas para celebrar a recollida da uva con distintos bailes(muiñeiras e xotas), música, charangas, premios...





Recollida da uva, canción galega:
http://es.youtube.com/watch?v=RLuKop9vJsE


No hay comentarios: